Esta demanda surxe, non so do cumplimento que debe facer o concello en canto ó desenrolo das súas competencias, senón tamén das solicitudes realizadas por diferentes veciños/as ó concello sobre situacións concretas nas que consideran que o ruido é excesivo e polo tanto perxudicial para a súa saúde.
A resposta que reciben por parte do goberno municipal sempre é a mesma:NON PODEMOS FACER NADA PORQUE NON TEMOS MEDIOS MATERIAIS.
Con arreglo a esto e para avanzar na solución dos problemas que plantexan os veciños/as solicitamos igualmente que o concello se ampare no artigo 25 da lei 7/97 para solicitar a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia, tal e como ven recollido no mesmo, e que di: “No caso de que os Concellos non conten cos medios técnicos ou humáns necesarios para cumplir a función de control que a presente lei les atribúe, podrán reclamar o auxilio da Administración autonómica, que se prestará mediante convenio celebrado entre a mesma e os Concellos, a instancia destos”.
O GM de EU-IU demanda do grupo de goberno os pasos necesarios para non seguir dando respostas vagas ós/ás veciños/as e cumpra coas competencias que ten asinadas, dando resposta ás necesidades da cidadanía.
Por último, recordar que esta demanda do GM de EU-IU xa foí realizada no ano 2009, sen conquerir resultados positivos, como é obvio.