Retirada de Afganistán

 

O Consello Comarcal de EU Coruña solidarizase cos familiares, amigos e compañeiros dos falecidos en Afganistán ao tempo que lamenta profundamente esta terrible perda sen sentido.

 

Esquerda Unida rexeita, como sempre o fixo, a participación Española nesta guerra de ocupación encuberta baixo o falaz título de misión humanitaria. Atopámonos, pois, diante dun conflito bélico onde as 1500 persoas que forman as tropas españolas están a correr un risco inaceptable, polo simple feito de que o Goberno do PSOE ten que pagar débedas pendentes con outros estados.

 

A realidade amósanos que os que nos mentiron nesta guerra infame, mentíronnos. Oito anos de guerra coa conseguinte perda de recursos económicos tan só serviron para crear un estado falido onde reina o caos, a destrución e a morte. Falaban de paz, democracia, e igualdade entre mulleres e homes, pero oito anos despois atopámonos cun estado corrupto e débil que apenas fixo nada a prol da igualdade de sexo, cunhas eleccións caracterizadas polas irregularidades e o “pucherazo” que ilexitiman ao goberno, e un vivir día a día cheo de violencia onde o único que importa e sobrevivir. Sobre a base destes principios resulta imposible crear un estado factible polo que non é de estrañar que os talibáns están a facerse de novo co control do pais a pesares dos esforzos e perdas do “exército internacional”.

 

O pobo afgano non desexa a presenza de tropas estranxeiras no seu territorio, ás que consideran exércitos de ocupación como o demostra o feito que tras o tiroteo, milleiros de persoas concentráronse diante da base e comezaron a prenderlle lume e tirarlle pedras nun intento de tomar a base, no que semella o comezo dunha “entifada” contra España co risco que iso supón para a cidadanía.

 

O Consello Comarcal de EU desenvolverá, a través de mocións nos concellos, unha campaña a prol da retirada inmediata das tropas españolas de Afganistán e, así, parar a sangría de mortos entre nosas filas, ata o de agora 92, 16 deles galegos.

Relacionados