Esquerda Unida considera que os orzamentos do 2012 significan a incapacidade do Goberno do PP de racionalizar o funcionamento do Concello, o cal consume máis máis do 80% do orzamento, impedindo investir na reactivación da economía produtiva local e o cambio do modelo produtivo para xerar emprego, actividade fundamental a que deberíanse ocupar todos os poderes públicos.
Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes reafirmase na necesidade urxente de desenvolver un Plan de Reorganización da Administración Coruñesa para evitar que 182 dos 225 millóns orzamentados sexan para gastos de funcionamento, e dicir gastos correntes e de perosal.
Resulta lamentábel que o aforro neto, a diferenza entre ingresos e gastos de funcionamento, é dicir os verdadeiros recursos para investimento do concello tan so alcancen 6.323.553 euros. Xa que dos 30 millóns que alegremente anuncia o Goberno municipal 10 millóns correspondense a contribucións especiais de veiños e cotas de urbanización do Ofimático, e por lo tanto non son fondos propios do Concello senón que son pagos da veciñanza comprometidos a obras específicas. 11,5 millóns acadaranse mediante préstamo financeiro do cal os seus intereses os soportaremos todos os coruñeses e coruñesas e 3 millóns son achegas doutras administracións.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a construción do túnel do parrote para o soterramento do tráfico lévase a mitade do investimento real do Concello, resulta abraiante que en plena crise económica a mitade dos recursos reais do Concello adíquense a unha obra faraónica destinada a maior gloria do alcalde”.
César Santiso concluiu decindo que “en definitiva, unha vez máis constátase que as políticas do PP e do PSOE coinciden ate no ambito municipal. Ambos os dous partidos estan esgotados e polo ben da cidadanía e da propia democracia, cumpre superalos con celeridade”.