Orzamentos da Xunta

Esquerda Unida considera que a Xunta volve a discriminar á Coruña diante do consentimento do goberno municipal, moitas son as promesas para a nosa cidade que directamente desaparecen dos orzamentos, como o enlace de la AP-9 con Alvedro, unha actuación de escasos 300 m., enormemente demandada é que suporía un grande valor engadido para o noso aeorporto ou o metro lixeiro, actuación que xa adelantou EU que non era real e que nunca se executaría. Especialmente grave é a eliminación da partida da residencia universitaria, deixando A Coruña como a única cidade universitaria que non dispón de residencia pública.

Outras partidas de vital importancia, son alongadas no tempo como por exemplo os centros de ensino Eusebio da Guarda e Emilia Pardo Bazan, ou a eterna promesa incumprida da rexeneración da ría do Burgo. Incluso se alongan os prazos na Terceira rolda a actuación máis publicitada tanto polo goberno local como o autonómico.

En relación con Alvedro, non so desaparece a conexión coa autoestrada, senón que se manterá a situación de discriminación que está a facer que o noso aeroporto sega a perder enlaces. A Xunta non indica o investimento para cada aeroporto pero manterá subvencións a Lavacolla, mentres que para Alvedro seguirá coas inoperativas campañas de promoción que teñen demostrado con claridade a súa ineficacia, no que constitúe unha campaña encuberta de acoso e derribo do aeroporto coruñés.

O grupo municipal de esquerda unida – os verdes considera que os orzamentos dos 2013 deixan en evidencia o timo do que foi obxecto o goberno municipal en relación a fabrica de tabacos. O propio vicepresidente, Alfonso Rueda anunciaba fai uns meses que estrearíamos sede xudicial no 2015, máis o investimento para o 2013 é dun millón de euros cando a reforma e traslado precisan 20 millóns. Así o reparto pluriaunual chega até o 2016, pero o sobrepasará pois se asignan dous millóns para “2016 e seguintes” en definitiva nesta lexislatura os coruñeses e coruñesas nos dispoñeremos de sede xudicial. En definitiva a Xunta actuou como un experto trilero, roubando aos coruñeses e coruñesa un importante patrimonio, coa complicidade do Sr. negreira e o seu equipa de goberno.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “con estes orzamentos a Xunta condenanos á pobreza e o desemprego, ao malgastar no inútil soterramento do Parrote en lugar de investir en economía produtiva para promover a recuperación económica da Coruña, 12 millóns de euros tirados, tres este ano.”

 

Relacionados