Asemblea orzamentos do pobo

Esquerda Unida,  Os Verdes, Espazo Ecosocialista e Equo continuan coas asembleas dos orzamentos do pobo, un foro social alternativo e participativo na procura de fornecer o tecido asociativo coruñés e que sirva como ferramenta activa para que os coruñeses e coruñesas avancen cara o dereito a decidir sobre o que acontece o seu Concello. Asemade pretendemos que o foro seña semente do foro alterntavio para decidir entre todos e todas que Coruña do futuro e como queremos vivila e sentila.

Orzamentos do pobo é unha iniciativa de participación cidadá que permite aos coruñeses coñecer e opinar sobre os dous principais fitos da vida política municipal: as ordenanzas fiscais e os orzamentos, que afectan directamente a economía e benestar da veciñanza. Preténdese trasladar á cidadanía de maneira sinxela e clara en que consisten estes documentos e como poden influír nas nosas vidas, asemade explicárase de maneira somera as liñas mestras dos documentos que propón o goberno municipal,  coa intención de abrir un debate sereno pero profundo que permita desenvolver documentos alternativos.

Hoxe ás 18:30 h. desenvólvese asemblea participativa nos Castros no local que utiliza a AVV. Os castros – San Diego para explicar as ordenanzas fiscais e os orzamentos e recoller achegas da veciñanza. Á inminente aprobación definitiva dos orzamentos, impide presentar reclamacións emanadas deste proceso aberto a toda a cidadanía, xa que logo, preténdese confeccionar uns orzamentos alternativos para presentar ao goberno municipal cando presente un modificativo de crédito. Caso distinto é o das ordenanzas fiscais, cuxo prazo para presentar alegacións remata o día 14 do vindeiro mes, polo que hai tempo suficiente para consensuar no foro unha proposta alternativa.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “mañá martes ás 19:00 h. Teremos asemblea participativa en EIRIS coa AVV. Uxío Carré, no Centro Cívico Municipal de Eirís”. Santiso lembrou que os ornamentos do pobo están presentes nas redes sociais: facebook (facebook.com/orzamentosdopobo) e twitter (@orzamentosdopobo) e estamos rematando de confeccionar unha web que recolla toda a actividade do foro.

 

Relacionados