Os dereitos do migrantes

 

Racismo institucional que quedou claramente refletido o pasado 13 de decembro de 2010, cando no Parlamento Europeo comezouse a debater unha norma polémica, que amosa ben de que forma a Unión Europea naufraga; unha norma anti-persoas migrantes e que consiste en que no seo da Unión Europea os traballadores non comunitarios teñan só os dereitos laborais do seu país de orixe e non os que teñen os traballadores comunitarios. En certo modo é unha Directiva Bolkestein aplicada ás persoas migrantes. Unha auténtica aberración! E, por riba, queren que as pensións só se poidan cobrar no país europeo onde se xerou.

 

Lamentables actitudes por parte de tódalas administración pública que, unha vez máis, se mostraron en Santiago de Compostela, pois cando tivo lugar o Foro 2010 de Educación Mundial para a Paz, o goberno non concedeu visados a persoas de Nixeria, Guinea-Bissau, Senegal, Serra Leoa, Haití, etc. para que puidesen participar e achegar a súa perspectiva sobre a necesaria cultura de paz, mostrando a súa hipocresía o figurar na publicidade como colaborador do evento.

 

Por todo isto o Esquerda Unida Compostela considera que se as administracións públicas non mudan o paso das leis que ditan, se non cambian o seu discurso racista, demagogo e populista, é a Democracia a que perde o paso definitivamente.

Por último o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela recordamos que esta semana haberá diversos actos en toda Galicia, un deles o festival intercultural e reivindicativo que terá lugar na Casa das Asociacións de Cornes en Compostela, a partir das 19h, o venres 17 de decembro. Animando, dende EU Compostela, a que se acheguen as persoas que desexen un mundo máis xusto e respectuoso cos Dereitos Humanos

Relacionados