Aparcadoiros disuasorios

 

Nesta ocasión a situación debeuse ao infortunio de padecer dos accidentes na Avda. de Alfonso Molina. Como consecuencia formáronse retencións de hora e media por toda a cidade.

 

O Consello Comarcal de EU Coruña considera que o Goberno municipal non pode manterse de mans cruzadas diante deste grave problema de mobilidade. Neste sentido o Coordinador Comarcal, César Santiso, expresou que “non é de recibo que a mobilidade coruñesa sexa tan vulnerable que polo mero feito de padecer un accidente, resulte literalmente imposíbel acceder ou abandonar a cidade durante horas”.

 

Xa que logo, Esquerda Unida propón a creación de grandes aparcadoiros disuasorios, públicos e gratuítos, nas principias entradas da Coruña, que estean  perfectamente conectados co resto da cidade mediante transporte público gratuíto, para evitar os xa habituais colapsos de tráfico. Non cabe dúbida que a devandita proposta permitiría aliviar significativamente o tráfico no interior da cidade, mellorando a mobilidade e conseguintemente a calidade de vida da cidadanía.

 

O Consello Comarcal de EU subliña que este tipo de iniciativas están a funcionar dende fai anos e de maneira moi satisfactoria en cidades como Bilbao onde se evita que miles de coches entren no centro urbano cada día. Polo que EU considera que o único que se necesita e vontade política para levar a cabo unha actuación que traería grandes beneficios para toda a cidadanía ao aforrarlle tempo e custe nos desprazamentos urbanos e ao reducir a contaminación e os ruídos na cidade. Asemade reduciríase a pegada ecolóxica e as emisións de CO2, principal gas causante do efecto invernadoiro e o quecemento global, ao tempo de converter A Coruña nunha cidade menos dependente do petróleo, fonte de enerxía que se está a esgotar.   

 

A medida se encadra dentro do Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostible (PIMUS) que está a propoñer Esquerda Unida para abordar, de maneira colectiva mediante a participación cidadá, os problemas de mobilidade na Coruña. Motivo polo cal EU solicita ao concello a inmediata creación do Consello de Mobilidade Local no que participe a veciñanza, os movementos sociais e as distintas forzas políticas coruñesas.

Relacionados