“A Xunta non debe ceder ao chantaxe de Povisa, xa que a empresa obtivo beneficios nos últimos anos”, sinala Eva Solla en Radio Voz

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, vén de participar no programa de Radio Voz Vigo, “Voces da túa cidade”, para falar da “chantaxe de Povisa”, que intenta empregar aos traballadores e traballadoras para obter máis cartos públicos, pese a obter beneficios millionarios.

“Non esperamos boas novas entre a reunión da Xunta e da empresa”, conta Eva Solla ao comezo da entrevista, en referencia á reunión prevista para esta mañá entre a Xunta e a Povisa, que vén de solicitar un preconcurso de acredores. “En 2015 a empresa volveu presentar 7,3 millóns de euros de beneficios e, o ano seguinte, máis de 16,7 millóns de euros de beneficios. Esta empresa pertence ao holding empresarial A Nosa Terra, que ten uns beneficios moi importantes e relevantes, tan só un 63 por cento de beneficio no último ano. A pesar de gañar 75 millóns de euros, que lle pagamos todos os anos dende a sanidade pública, alega agora que ten problemas para pagar as nóminas”, apunta a deputada.

Respecto as iniciativas que impulsarán dende En Marea, Solla apunta que “xunto aos outros grupos de oposición imos rexistrar unha petición de comparecencia do Conselleiro de Sanidade e, entre outras cousas, solicitar as contas da propia empresa para saber como se chega a esta situación”.

Podes escoitar a entrevista dende:

 

 

Este corte de voz recolle o audio de Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, e Manuel Martín, voceiro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

 

 

Relacionados