As constantes queixas da veciñanza son a constatación do grave problema que está a vivir a nosa cidade en materia circulatoria e de mobilidade, así, debido a eliminación de prazas de aparcamento por parte do concello, os veciños de distintos barrios como os da Praza de España indican que necesitan unha hora para conseguir aparcar, outros, como os do Orzan, denuncian a súa perda de poder adquisitivo ao ter que alugar prazas de aparcamento en aparcadoiros privados. A veciñanza dos Castros queixase da grande cantidade de tráfico que ten que soportar o seu barrio como punto de entrada a nosa cidade, o que dificulta enormemente a mobilidade dos peóns. O descontento tamén chega a veciñanza dos Maios, da Avda. de Finisterre ou da Sagrada Familia por citar algúns exemplos. Pola súa banda, o pequeno comercio achaca parte do descenso das súas ventas a política do Goberno local en infraestructuras de comunicacións baseada na eliminación de prazas de aparcamento público e gratuíto.
Con todo, as forzas políticas con representación en María Pita limítanse a atacarse os uns aos outros coa única intención de obter réditos electorais pero sen achegar ningunha solución ao problema, xa que logo, Esquerda Unida propón o desenvolvemento dun Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostible (PIMUS) elaborado mediante participación cidadá no que colabore a veciñanza, os movementos sociais e as distintas forzas políticas que queiran participares. Porque como afirma o Coordinador Comarcal de EU, César Santiso, “é necesario acadar un amplo consenso para rematar co actual caos en materia de transporte e mobilidade na Coruña”, para o cal propón a creación do Consello de Mobilidade Local”.
Consentes do grave problema de mobilidade da nosa cidade, o Consello Comarcal de EU Coruña leva meses desenvolvendo un ambicioso plan de mobilidade baseado nun transporte público amplo, eficaz, económico, universal e sostible que pode constituírse en semente do devandito PIMUS e o punto de partida para que o Consello de Mobilidade Local comece a debater cara a por solución a este grave problema.