eva solla.jpg - 6.97 Kb

Políticas de igualdade

 

 

A conciliación entre a vida laboral e familiar, polo momento é, igualmente, unha expectativa. Os homes seguen a sen compartir equitativamente as cargas familiares e as tarefas domésticas. Para que isto ocurra, non son soamente necesarias leis que o regulem senón tamén, e moito máis importante, crear unha conciencia social de igualdade que transforme a cultura patriacal  e sexista nunha sociedade igualitaria.

A repercusión que ten a crise no mercado laboral, no caso das mulleres, é cada día máis alarmeante. A xa permanente precariedad, a desigualdade salarial e a dicriminación por razón de sexo o polo estado civil das mulleres, que condiciona o seu acceso ao emprego e a traballos estable, agora máis que nunca está patente en tódolos contratos que se realizan a mulleres.

O risco máis temible para as mulleres, nunha situación de crise da gravidade da actual, a precariedad nas condicións de incorporación ao mercado laboral, o retroceso na tasa de actividade (xa de por sí moi baixa), e o retorno de moitas ás labores domésticas e de coidados familiares, o que pode producir unha involución sen precedente cara os vellos roles patriarcais que estamos intentando combater.

Por outra banda, os alarmantes índices de pobreza, que afectan con maior rigor ás mulleres inmigrantes, máis desprotegidas, e as mulleres mayores, con pensións mínimas ou non contributivas que non chegan a cubrir as súas necesidades básicas, fan máis apremiante aínda o reforzamento do Estado Social e dos sistema de protección.

Esquerda Unida propón cara as vindeiras eleccións municipais que o Concello mostre verdaderamente a súa vontade de por as bases reais, para que a igualdade das mulleres sexa un feito e non unha mera aspiración cunha serie de medidas destinadas a unha transformación real da nosa sociedade, onde as mulleres sexamos cidadás con plenitude de dereitos.Por todo elo, Esquerda Unida, comprométese a traballar para xenerar un concello de Vigo de suxeitos iguais en dereitos e obrigas, utilizando os medios legais existentes e posibilitando os cauces para que os homes e mulleres teñamos as mesmas posibilidades de desenvolvemento:

 

Implantando e desenvolvendo accións e programas que fomenten a sensibilización e plasmación da igualdade real entre homes e mulleresElaborando un Plan de Igualdade con carácter transversal, no que se impliquen tódalas áreas municipais. Con dotación orzamentaria dabondo e avaliación anual da súa execución e desenvolvemento.

Desenvolvemento no noso Concello do Plan de Igualdade para as traballadoras e traballadores da nosa cidade.

Relacionados