praza de abastos.jpg - 21.53 Kb

Potenciación mercados tradicionais

 

Esquerda Unida propón no seu programa a potenciación da Praza de Abastos e o establecemento dunha rede de mercados nos barrios

como unha vía importante de desenvolvemento agrícola no municipio. Portomeñe lembrou a importante demanda que está a ter a iniciativa de hortos que a Federación de Veciños xestiona no río Rato, e sinalou que unha iniciativa ben planificada pode supor a creación de emprego e unha importante fonte de recursos para o municipio. Nese sentido lembrou que “Lugo dispón dunha contorna rural inusual en moitas grandes urbes galegas que pode ser aproveitada para iniciativas agrícolas e forestais de futuro no canto de destruílas e degradalas para entregalas ao sector do ladrillo”. O PXOM, continuou, contempla a desaparición dunha parte importante da superficie rústica lucense para construir urbanizables que só benefician a catro especuladores”.

EU defende potenciar o modelo dos mercados de produtores fronte ao actual modelo de mercado de intermediarios e a produción e consumo de produtos naturais ecolóxicos e a agricultura ecolóxica e de proximidade. En canto ao fomento da e desenvolvemento da agricultura ecolóxica, suporía unha importante saída para o sector investindo en formación, recuperando variedades, canles curtas de comercialización e todo tipo de accións que faciliten a explotación sustentable da terra no municipio. O obxectivo é fomentar o pequeno comercio local como forma de manter a cohesión social, especialmente nos centros da cidade e os barrios, fronte as grandes superficies comerciais. Lugo é a cidade con máis metros cadrados de superficie comercial por habitante (aos centros de As Termas e Carrefour hai que sumarlle o novo centro comercial de Abella).

Outra proposta de EU consiste en recuperar aqueles sectores económicos en risco de desaparecer ou que se extinguiron como actividade produtiva. En moitos casos, constitúen unha aposta económica viable, dando prioridade aos sectores primarios e manufactureiros. Polo tanto, é preciso facilitar a instalación de empresas de transformación dos produtos autóctonos sustentables, contribuíndo á súa revalorización mediante cláusulas de bonificación e/ ou axudas directas.

Relacionados