Pregunta mantemento de estradas

 

Moito máis se cabe se, como é o caso do Concello de Santiago, nos acordos de goberno realizados polo PSOE e BNG, dentro das medidas a tomar, pódese ler textualmente no punto 14, “Mellorar a rede local de estradas e pistas de comunicación entre núcleos e incrementar a calidade dos espazos públicos en todo o municipio con plans integrais de mellora dos barrios e núcleos rurais”.

 

Esquerda Unida Compostela constata, unha vez máis, que os acordos escritos por este equipo de goberno non son máis que meras promocións publicitarias, posto que do barrio da Almáciga, por exemplo, son constantes as queixas recibidas por parte dos veciños e veciñas polo lamentable estado de beirarrúas e estradas, con grandes baches que dificultan, e incluso fan perigoso, o transito de persoas ou vehículos.

 

Ineficacia do equipo de goberno, para cumprir os seus propios acordos para gobernar, que se traslada a toda a cidade, posto que é queixa habitual da veciñanza de Compostela o lamentable estado no que se encontra a maioría da rede local de estradas e pistas de comunicación.

 

Por todo isto a agrupación comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

 

1)    Cando ten previsto o Concello de Santiago arranxar tódalas deficiencias existentes nos firmes de beirarrúas e estradas no barrio da Álmaciga?

 

2)    Cumprirá o equipo de goberno cos seus acordos e mellorará, en todo o municipio, o firme das estradas e pistas de comunicación?

Relacionados