eu.gif - 5.78 Kb

Presentación candidatura EU Narón

 

O formato do acto seguirá unha escaleta de intervencións nas que cabe salientar a intervención entre outras de Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU,  e Sari Alabau, que fora a primeira candidata de EU na localidade de Narón nas primeiras eleccións municipais e que desempeñou a responsabilidade da primeira tenencia de alcaldía. Pecharán a rolda de intervencións  as verbas de Alma Acuña Gundín, primeira candidata de Esquerda Unida nas vindeiras municipais polo concello naronés.

 

A candidatura de Esquerda Unida evidencia  unha fonda renovación, que se traduce nunha composición de mulleres e homes novos, que xa transmiten no seu traballo e compromiso cotián a determinación de pór unha voz e un xeito de facer as cousas distinto, outro, quen de expresar a voz da esquerda no concello, quen de introducir no concello de Narón, as prácticas e valores da democracia participativa, quen de pular pola extensión dos servizos públicos no concello.

 

Xunto coas intervencións, xusto o seu remate, dará inicio unha pequena festa onde a música e uns viños tinguiran de risas e fraternidade un proxecto político novo e alternativo para a cidadanía de Narón.

 

O Consello local de EU Narón anima á cidadanía de Narón que busca unha referencia política distinta, alternativa e radical  a escoitar as nosas propostas e participar nun acto que vai misturar as verbas e as músicas.

Relacionados