Produtividade Imfacofe

 

Yolanda Díaz reclamou na última xuntanza do IMFACOFE  a elaboración dun informe xurídico que permita clarexar as dúbidas que ten o noso Grupo Municipal en relación con dúas cuestións da proposta do Goberno:

 

         O tema da retroactividade da medida que propón o Goberno, que tenta que de saír adiante se aplique de maneira retroactiva dende 2009. Circunstancia que ao noso xuízo non se pode producir.

         A cuestión de que se pretenda realizar a formación das empregadas e empregados públicos en horario  fóra do horario laboral, feito que tamén non nos parece que sexa posible nen desexable.

 

Alén das cuestións que suscitan para nós dúbidas sobre a súa legalidade, Esquerda Unida manifesta o seu rexeitamento diante dunha proposta de marcado carimbo neoliberal, que recolle os modelos máis agresivos da empresa privada  no que fai á valoración do traballo das empregadas e empregados  ( a proposta do Goberno estabelece un sistema de retribución complementaria de natureza exclusivamente subxectiva no IMFACOFE ao pasar a depender na proposta do Goberno  non do traballo efectivamente realizado  conforme aos criterios obxectivos marcados  e si da percepción que do traballo efectuado teña a dirección do servizo ).

 

Proposta  do Goberno que racha   cos criterios de igualdade de todos os traballadores e traballadoras do concello, que deben de ter uns criterios homologables para todos eles, circunstancia que se altera con esta proposta ad hoc para o IMFACOFE.

 

Esquerda Unida denuncia tamén a situación de privatización do servizo de inspección fiscal do ICIO  e o IAE. No Consello de Administración de maio se aprobou a prórroga da asistencia técnica, que comezou en maio de 2009. Esquerda Unida reclama a volta a xestión polos traballadores e traballadoras do IMFACOFE deste servizo. Non podemos compartir que se desaproveiten as competencias e capacidades da plantilla para privatizar un servizo público.

Relacionados