Sánchez Aguilera

 

En conexión con esta proposta, EU manifesta a oportunidade de converter o Sánchez Aguilera no espazo do grande parque urbano que necesita o centro de Ferrol. A nosa cidade adoece de zonas verdes suficientes e cómpre desenvolver as accións precisas para colmar este baleiro. No Sánchez Aguilera, Esquerda Unida considera que temos unha primeira grande oportunidade para comezar a remediar esta eiva.

 

Esquerda Unida reclama do Goberno Municipal que clarexe que decisión vai adoptar en relación coas nosas outras propostas, as cales foron presentadas o 18 de xuño de 2010. En particular a nosa reclamación de que se elimine a proposta das pistas deportivas e a súa substitución por zona verde. E a necesidade de clarexar  o destino do espazo adicado ao Museo da Sociedade Galega de Historia Natural, que non aparece catalogado; non catalogación para a que demandamos unha explicación en relación coa súa afectación ou non co viario adxacente.

 

Esquerda Unida esixe do Goberno Municipal que deixe de confundir á cidadanía en relación co convenio co Ministerio de Defensa no que atinxe ao Montón. A estipulación  sétima compromete ao concello de Ferrol a tramitar, ate a aprobación provisional, a figura de planeamento que posibilite  a construción nos 17.191 metros cadrados dos terreos denominados O Montón dun equipamento cultural e deportivo cunha edificabilidade máxima de 0,2 metros cadrados. O Grupo Municipal  advirte ao Goberno Municipal que o convenio é un todo e que só cabe cumprilo ou renegocialo.

Relacionados