alonso montero.jpg - 28.25 Kb

Proposta programáticas sobre Cultura

 

ESQUERDA UNIDA defende unha cultura como espazo de socialización e de prestixio do colectivo, educadora da cidadanía nun lecer crítico e creativo fronte ao patrón consumista e individualista. Igualmente é garantía de reafirmación das nosas raíces de identidade como galegos, orgullosos dun idioma nin mellor nin peor que outros, simplemente noso. ESQUERDA UNIDA defenderá en propostas de cultura e defensa da lengua as seguintes prioridades:

          Programas integradores e de calidade, dende o público e coa complicidade do tecido sociocultural da cidade

          Apoio municipal a salas, locais, bares, etc… que programan alternativas culturais e que non teñen prácticamente apoio municipal.

          Loitar contra a cultura espectáculo (Cow Parade, Regata Cutty Sark …) que dilapidan millóns de euros sen xenerar tecido cultural e defender activamente a micropolítica cultural.

          Ampliación da rede de CASAS DA CULTURA, creación dun ATENEO CULTURAL VIGUÉS e dotar aos barrios que non dispoñen deles un centro cívico (barrios como Lavadores, Beade, Valladares, etc…)

          Creación dunha TV PUBLICA e RADIO PÚBLICA viguesa que dinamice especialmente a cultura e a información plural.

          WIFI en todo o térmo municipal gratuito.

          Loita contra a SGAE e denuncia municipal dos seus abusos

          Defensa da lengua galega en tódolos ámbitos públicos, evitando que sexa un arma política entre partidos e axudando que sexa o concello a verdadeira arma de inmersión lingüística integradora.

          Impulsar de espazos culturais de contido feminista nas novas radio e televisión públicas.

          Fomento dos ciclos culturais de cine aproveitando as xinerxias locais como LUMIERE ou a ALIANZA FRANCESA.

Relacionados