lusaosol4 copiar.gif - 21.66 Kb

Visibilización do problema do desemprego

O acto consistíu nunha cadea humana de “parados” simbolizando unha realidade social as veces invisible que é que case 1 de cada 5 vigueses e viguesas atópase en desemprego ou nun expediente de regulación de emprego.

Unha realizade que ESQUERDA UNIDA considera que pode ser afrontada tamén dende ó municipal, dende a defensa dun sector público forte con servicios públicos básicos como a auga, a vivenda ou o transporte remunicipalizados en forma de empresa pública.

 

ESQUERDA UNIDA alertou de que os tres grandes partidos non teñen propostas reais para a creación de tecido público que xenere emprego. Somentes anuncian a bombo e prato miles de postos de traballo sen explicar como os van crear. A cidadanía está farta de grandes anuncios que logo acaban nos caixóns do esquencemento dos partidos.

O cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA de Vigo interviu durante o acto simbólico reclamando o fortalecemento electoral de EU como garante de que outras políticas de emprego, de cohesión social e de defensa firme dos intereses dos traballadores e traballadoras é posible.

 

 

 

Relacionados