Propostas para unha Coruña sen petroleo

 

Diante desta situación de crise enerxética compre que os poderes públicos actúen con responsabilidade e apliquen as medidas necesarias para que as empresas sexan competitivas diante deste escenario.

 

Esquerda Unida asume as propostas da asociación Véspera de Nada para garantir unha transición non traumática cara a nun futuro sen petróleo na Coruña. Na seguridade de que aqueles que se anticipen a dita situación atoparanse cunha vantaxe estratéxica.

 

O coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, César Santiso, afirmou  que “a crise enerxética que estamos a vivir avalan as teorías dos científicos do peak-oil, nos asumimos a responsabilidade de mudar o modelo produtivo, ao contrario que outros que miran para outro lado e prometen miles de postos de traballo mantendo a obsoleta óptica produtivista e o modelo do ladrillo e o formigón”

 

A devandita iniciativa de anexar as propostas de outras asociacións ao programa electoral da coalición EU-V, corresponde a forma de entender a política participativa que ten o consello comarcal de EU Coruña, que anuncia que durante os próximos días dará conta doutras achegas do tecido social que a súa organización incluirá no seu programa e, xa que logo, asumirá a súa defensa.

 

Ver anexo do programa coas propostas recollidas

Relacionados