“Plan de barrios”

barullo institucional coas preferentes ,aprobacións extraxudiciais de crédito por case un millón de euros….

E de súpeto… un plan de barrios. Como saído do ceo o goberno municipal invéntase un suposto plan de barrios que non consiste en outra cousa que poñer coordinación no traballo das empresas concesionarias é dicir: despois de privatizar e privatizar servizos e obras agora toca facer crer que hai agora máis eficacia , ou que a vai haber, eque é a percepción dos veciños a que falla e que todo se soluciona con coordinación.

Para Esquerda Unida é lamentable que se xogue así coa cidadanía, que se minta desta maneira e se asegure que este plan ten detrás de si moitos meses de traballo e que se promocione unha suposta planificación a desenvolver en cinco meses ata xullo. Cinco van ser os meses que vai durar a campaña de propaganda do Partido Popular nos barrios: este plan non é outra cousa e detrás de si ten o tempo que teñen as reunións urxentes para planificar a propaganda política. “É unha pantasmada” afirma Javier Galán.

Certamente o Partido Popular está á defensiva: nas preferentes, no problema da vivenda, mesmo na xestión do día a día. Por todas partes fai augas. Así se entende que non teñan máis remedio que convocar na primeira semana de marzo o Consello da Veciñanza e a comisión de seguimento do plan Urban. O primeiro despois de que o solicitara Esquerda Unida ameazando con moción ao pleno para sacarlle os colores a algún concelleiro, a segunda porque é evidente que todo ten un límite. Agora ben, convocar a comisión do Urban para dar conta de ”proxectos e actuacións en parques e xardíns, reurbanización e acondicionamento de espazos públicos e reacondicionamento de eixos de comunicación entre barrios históricos” despois de todo estea xa nas mesas de contratación.. é de novo unha burla.

Debería ter máis respecto o goberno municipal coa cidadanía e coas súas institucións xa que , que non se enteran, o Consello da Veciñanza é ,mal que lles pese, unha institución produto dun regulamento de participación que, aínda que lles doa, teñen que roelo xa que é norma que hai que cumprir.

 

Relacionados