EU propón reducir concellarías

 

ESQUERDA UNIDA propón medidas de aforro en materia de ingresos dos concelleiros, redución de cargos de libre designación, gastos correntes, vivenda, emprego, xestión de servizos e aprobación de ferramentas e comisións para responder as consecuencias da crise. Por iso dende EU se deseña esta proposta para reducir a 6 as concellarías. Os concelleiros sen delegación poderían adscribirse ás novas concellarías e traballar nelas xunto aos novos e novas responsables.

 

Deste xeito propomos, se de verdade a submisión do Alcalde obrígalle a cumprir os recortes impostos polo goberno:

 

1.Manter a Alcaldía e suprimir a vicealcaldía.

 

2.Crear unha Concellaría de Desenvolvemento Sustentable, mobilidade e barreiras arquitectónicas que recolla as competencias en materia ecolóxica, urbanismo e mobilidade. Asumiría tamén parte das delegacións agora repartidas entre Urbanismo, Mobilidade, Tráfico, Maiores, Obras e Vicealcaldía.

 

3.Constituír unha Concellaría de Facenda, emprego e polígonos industriais.

 

4.Deseñar unha Concellaría Delegada de Réxime Interior, Organización municipal e servizos públicos (inclúe empresas e consorcios onde participa o Concello).

 

5.Unha Concellaría de Asuntos Sociais, muller, infancia, maiores, mocidade, festas e Cooperación para o Desenvolvemento.

 

6.Unha Concellaría de Educación, Cultura e Patrimonio.

 

7.Unha Concellaría de Participación Social, Consumo, Deportes, Seguridade Cidadá e Protección Civil e Bombeiros.

 

 

Relacionados