Dimisión de Marcelino Abuín

 

Pero esta dimisión a tanta poucos meses das vindeira eleccións municipáis -lembremos tamén que a alcaldesa non vái repetir candidatura- hai que “enmarcala”  no constante aumento do rexeito da maioría da poboación a unha xestión de goberno municipal -compartido co BNG- que moi pouco ou nada tén que ver coa esquerda e con dar datisfacción ás necesidades e intereses da poboación traballadora. Sin falsas modestias, EU temos moito que ver con ese rexeito. Non esquenzamos a nosa actuación ante o intento do propio Marcelino Abuín de intentar favorecer a construcción dun parking privado neste último tramos de lexislatura, así como outras moitas denuncias e actuacións do noso grupo municipal para poñer  en clao a quen favorece a xestión en xeral e en urbanismo en particular do Goberno local. Tamén podemos pensar que non só e o descrédito o que motivóu esta dimisión. Alguén terá que explicar cómo é posible que seguindo as orden de Abuín e da Alcaldesa, ata a data se gastara casi un nillón de euros do Concello en  pagar servicios externos para realizar estudos e proxectos de obras que perfectamente podería e debería ter feito a oficiña técnica do persoal funcionario de urbanismo. O gasto da remodelción do entorno e dos bancos da Praza de  Ravella tamén fói un exemplo máis de  ata onde se dilapidan recursos públicos necesarios noutras áreas de dereitos sociáis,  para pagar a “prestixiosos/as profesionáis do deseño paisaxístico”, cos que ademáis existen outros lazos de tipo persoal e profesional…Ao mellor a demisión é unha saída para desaparecer a tempo  e non ter que dar explicacións. Pero EU esixe e continuará esixindo as explicacións ás que temos dereito nós e o conxunto da cidadanía. Aínamos aos veciños/as que se opuxeron a  esta destrucción de patrimonio en Ravella a que continúen na acción para evitar que as POLITICAS DE ESPECULACIÓN E BENEFICIO PRIVADO NA VIVENDA E NA OBRA PÚBLICA sexan as que sigan dominando as nosas vidas, como ocurréu na xestión  do anterior alcalde “socialista” Javier Gago, e como sin dúbida ocurrirría si gobernara o PP. Sin non queremos especulación, si queremos xestión económica e urbanística ao servicio da maioría da poboación, O VOTO DA ESQUERDA é o voto para  EU, O VOTO PARA QUE JUAN FAJARDO SEXA O PRÓXIMO ALCALDE DE VILAGARCIA.

 

Relacionados