EU propón unha empresa municipal para procurar a soberanía alimentaria

Non so perdeu o liderazgo galego como lugar con menos poboación en risco de pobreza entre as sete cidades galegas con maior poboación, senón que a súa taxa subiu por segundo ano consecutivo, aumentando 2 puntos e medio ata situarse como a terceira cidade galega con maior exclusión social tras Vigo e Ourense.

Asemade, os datos do IGE tamén reflicten que A Coruña é a cidade galega na que máis baixa o ingreso medio mensual por fogar, sendo un 7,7% inferior ao rexistrado en Compostela, así mentres que na Coruña pasouse de 2.377 € no 2007 a 2.271 €, en Compostela sitúase en 2.446 €. Dato que se debe na meirande parte, a redución de persoas perceptoras de ingresos por familia, que baixou do 1,9 ata o 1,81 situando de novo A Coruña na parte baixa das cidades galegas.

 

Para o Consello Comarcal de EU, resulta alarmante que 10,31% da poboación coruñesa este en risco de exclusión social e que o 13% das familias cheguen a fin de mes con moitas dificultades, é dicir 12.885 familias galegas estano a pasares moi mal.Esquerda Unida achaca este grave situación á incapacidade do Goberno municipal para desenvolver políticas municipais anticrise baseadas na reactivación económica local para que esta repercuta positivamente na creación de emprego, ao tempo que se activen os mecanismos adecuados para fomentar o cambio de modelo produtivo local que sexa menos dependente do petróleo, ben que empeza e escasear.

Os datos do IGE amosan tamén un dato moi alarmante en relación coa estrutura dos ingresos nos fogares, así no 2007 as prestacións representaban o 22,7% mentres que en decembro do 2009 chegan a supoñer un 27,17%, e dicir máis dunha cuarta parte dos ingresos das familias coruñesas débense a prestacións, as cales como ben é sabido descenderán drasticamente debido aos continuos recortes do Goberno central e máis da Xunta, como a eliminación da axuda aos parados de longa duración ou os recortes en servizos sociais respectivamente. Así pois, o estudo científico dos datos do IGE revélanos a cruel realidade na que os próximos anos a exclusión social incrementarase vertixinosamente na cidade da Coruña, mais aínda si incorporamos ao estudo o parámetro do exponencial crecemento dos prezos da enerxía por mor do cénit do petróleo e a consecuente crise enerxética.

Os poderes públicos deben anticiparse a grave situación que se nos aveciña mediante a aplicación medidas efectivas que aseguren, a lo menos, un acceso universal a servizos básicos como alimentación, sanidade, ensino ou servizos sociais. Como queira que o campo máis necesario e menos cuberto publicamente e o alimentario, Esquerda Unida propón a creación dunha Empresa Municipal para Asegurar a Soberanía Alimentaria Coruñesa (EMASAC) tanto na cidade como na bisbarra. A devandita empresa terá como misión principal dar soporte técnico e formación para desenvolver unha agricultura menos dependente do petróleo, promover a agricultura ecolóxica local na nosa bisbarra mediante convenios con productores e cooperativas agrarias, artellar redes alternativas de distribución e comercialización que aseguren un prezo digno tanto para consumidores finais como para labregos e labregas, o que permitirá recuperar a riqueza agraria do campo galego que na actualidade se atopa totalmente infrautilizado, xerando un importante nicho de emprego que posibilitará a moitos cidadáns da Coruña acceder a un posto de traballo ao tempo que se reverte o insustentable fluxo migratorio do rural a gran cidade, modelo que se entoxa inviable tras a consecución do cénit do petróleo e a crise enerxética en cernes.

Relacionados