Esquerda Unida elexirá duas persoas que pasarán a formar parte da candidatura de IU a nivel estatal.
Esquerda Unida celebrará este luns 17 de febreiro, referendos por todo o país nos quie se elexirá unha candidata e un candidato ás eleccións europeas.
Rematado o prazo de presentación de candidatas e candidatos dende as asembleas de Esquerda Unida, as propostas recibidas suman 13 persoas das que 6 son mulleres e 7 homes. A compañeira e compañeiro elexidos pola militancia serán os que concorran na lista electoral que se está a configurar a nivel estatal. Nos vindeiros días darase traslado dos nomes ao Consello Político Federal de IU que será quen aprobe a lista definitiva que represente a Esquerda Unida en Europa.
Este luns 17 de febreiro as sedes de Esquerda Unida estarán abertas e celebraranse asembleas deliberativas nas que participará tanto a militancia coma os e as simpatizantes que así o desexen. Para Esquerda Unida é fundamental abrir os procesos de debate a toda a cidadanía para acadar unha democracia realmente participativa que supere os procesos electorais, é evidente que as decisións que se toman en Europa as padecemos diariamente, e de nós depende mudar o escenario ao que nos queren condear.
Nas principais cidades, as sedes de EU estarán abertas en horario de mañá e de tarde para facilitar a participación da militancia no proceso de elección. As asembleas terán lugar a partires das seguintes horas:
Sedes de Esquerda Unida:
A Coruña: 20h
Ferrol: 19h
Compostela: 20h15
Vigo: 20h (hotel Coia)
Pontevedra: 19h
Arousa: 21h
Ourense: 19h
Lugo: 19h