ferrol.gif - 5.79 Kb

Cea fraternidade

 

Esquerda Unida organiza este vindeiro sábado, día 7 de maio, ás 22:00 horas, no restaurante da Malata, unha cea de fraternidade coa candidatura, afiliación, amigas e amigos simpatizantes para coller forzas para desenvolver a moi apretada axenda de actos públicos e iniciativas políticas que vai deparar esta campaña electoral municipal.

Este encontro se concibe como un espazo para fornecer o espíritu de traballo colectivo que está no berce do proxecto político e social que supón a candidatura de Esquerda Unida. Acción e traballo colectivos que queren  enlazar coas arelas de cambio social da xente do común, farta de políticas de recortes, resignación diante dos poderes económicos e connivencias indesexadas entre o político e o económico.

A candidatura que encabeza Yolanda Díaz vén conformada por un amplo e capaz equipo de persoas que expresan a valentía e a honradez que marcan a pequena revolución que Esquerda Unida quere levar adiante da man da cidadanía crítica e de esquerdas da nosa cidade. Candidatas e candidatos van compartir coa cidadanía un ámbito para o falar e o lecer amables e distendidos.

Este sábado ese proxecto vai darse un descanso logo dunha longa precampaña e xusto no comezo dos 15 días de campaña electoral. No local electoral, aberto na rúa Sol 154,  en horario para a cidadanía de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas, as veciñas e veciños terán todos os detalles desta cea e do conxunto da campaña que vai desenvolver Esquerda Unida.

Relacionados