Reforma integral mercado de Caranza

 

Esquerda Unida lembra que a remodelación integral do mercado de Caranza acordouse nos orzamentos de 2009, a instancias do Grupo Municipal de Esquerda Unida, sen que o Goberno Municipal cumprise o acordado até o de agora. Non por repetida esta práctica pode mudar a súa nefasta natureza.

 

O noso Grupo se pregunta se detrás deste desinterese e incumprimento  do Goberno Municipal por mellorar este espazo dependente do concello non se agocha simplemente  a vontade política de alcaldía por impulsar a privatización do mesmo  a favor dunha grande empresa.

 

Esquerda Unida lembra que con independencia da construción ou non dun centro novo, cuxo horizonte temporal dista de estar claro, a nosa organización esixe do Goberno Municipal que no entanto cumpra e proceda a remodelar e mellorar as actuais instalacións, que o necesitan con urxencia.

 

O Grupo Municipal de Esquerda Unida urxe, xa que logo, ao Goberno Municipal a proceder de inmediato á remodelación do mercado de Caranza, nunha acción pública que vai favorecer sen dúbida e a  dinamizar  a vida económica do mercado e da zona.

Relacionados