Resposta ó concelleiro de facenda

 

 

Esquerda Unida quere manifestar que o noso Grupo Municipal mantivo e mantén a súa vontade de negociar e chegar a acordos que sirvan, con contidos transformadores e de esquerdas, para mellorar as condicións de vida da nosa cidadanía. Agora ben, a realidade  que tentan agochar as mentiras do concelleiro de facenda, é teimuda.

 

O  pobre grao de execución do orzamento de 2009, o cuasi absoluto incumprimento do acordo de goberno asinado con Esquerda Unida para os orzamentos de 2009, ou a total neglixencia deste Goberno Municipal que a altura de abril de 2OO9 ne presentou a súa proposta de orzamentos nen  falou unha soa palabra coa oposición para avanzar a posibilidade de acordos, cando a súa obriga era presentalos para que estiveran en vigor a 1º de xaneiro deste ano, son razóns maiúsculas para que o noso Grupo Municipal non poda deixar de considerar as declaracións apenas un pano  de fume para tapar as miserias da mala xestión – nula neste caso – do Goberno Municipal.

 

U – las actuacións acordadas a proposta de Esquerda Unida: a rehabilitación na Costa de Mella, a zona verde de San Francisco, a intervención na Fábrica de Lápices, a adquisición da Casa de Carvalho Calero, a ampliación da Casa de Acollida, a rehabilitación do Ateno, a modificación puntual do PXOM para salvagardar Menáncaro,  a adquisición do Forno Bellón, Sartaña… a  creación da empresa municipal de vivenda ou a partida específica para o Rural, etc., entre outras actuacións sen resolver, non deixan lugar a dúvidas sobre o modo de facer do Goberno: asinar para esquecer, incumprir ou mal facer; en todo caso sae perdendo a nosa cidadanía.

 

 Para Esquerda Unida somentes o desleixo e mala xestión que está a producir este Goberno explican a actual situación: non hai proposta de orzamentos en abril, non se coñece nada do que será a proposta do Goberno, que se vai presentar con máis de medio ano de atraso sobre o que debería ser.

 

A nosa cidadanía non se merece esta paupérrima xestión, subliña a Voceira do Grupo,  Yolanda Díaz.

 

En canto o que se refire a proposta do Goberno de concesión dunha cafetería no espazo de superficie da Praza de España, de novo o  concelleiro prexulga as intencións ao sentenciar a nosa falla de interese sobre o asunto.

 

Para Esquerda Unida, única forza política que nada tivo que ver coa desfeita da Praza de España, a saída é clara e baséase na legalidade e no mantemento do carácter público do espazo en cuestión. Así o vimos manifestando en diferentes escritos dirixidos ao Goberno, o último dos cales foi presentado na mañá de hoxe.

 

Nel lembramos a postura de Esquerda Unida, que na data de 30 de xullo de 2008, formando parte do Goberno Municipal, afirmou que baixo ningún concepto compartiríamos unha explotación en superficie da Praza de España, por entender que suporía de facto a privatización dun espazo público da maior importancia para a nosa cidade. Hogaño reafirmámonos nelo, e formulamos como proposta que se adique a un uso público de interese social, servindo para atender as demandas do amplo tecido asociativo da cidade e as maís diversas necesidades da nosa cidadanía.

Relacionados