Restrición de acceso ao bonobús

Medidas como a que propón o alcalde sumarán o número de vehículos privados que entren diariamente na cidade.

Do mesmo xeito as persoas non empadroadas que traballan e viven en Vigo compran no comercio local e parte do IRPF e do IVA que xeneran as súas actividades laborais e de consumo son transferidas polo goberno central ao concello.

EU considera que establecer as bonificacións no transporte público exclusivamente a persoas empadroadas en Vigo é unha vulneración do articulo 14 da Constitución que reza literalmente: “Os españois son iguais ante a Lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social”.

Do mesmo xeito EU de Vigo lembra que varias sentenzas do tribunal constitucional, como por exemplo a STC 62/1987, deixan claro que a vulneracion do principio de igualdade ante a Lei require dous supostos esenciais. “A achega dun termo válido de comparación que acredite a igualdade de supostos (uso público do autobús) e un cambio de criterio inmotivado ou con motivación irrazoable ou arbitraria (negar o bonobus a toda persoa non empadroada en Vigo).

 

Rubén Pérez (coordinador local de EU) considera que o realmente útil para evitar a suba de prezos e custe directo para os orzamentos municipais do servizo de transporte público e ir preparando alternativas ao modelo de concesión actualmente vixente, que expira en 2019, e facer valer os criterios contidos no plego concesional actual, especialmente no tocante á fórmula para calcular os prezos, fórmula na que aínda se inclúe a amortización de vehículos cando actualmente a flota de VITRASA é de renting (feito que incluso desgrava fiscalmente á propia concesionaria).

Relacionados