Por iso a Consellería de Sanidade gobernada polo PP quere privatizar no novo hospital de Vigo a xestión de servizos como limpeza, seguridade e vixiancia, central, lavandería e lencería, cociña, mantemento, transporte interno e externo, subministración e xestión enerxética, central de abastecemento e tratamento de auga, repografía e imprenta, conservación de vías e xardíns, locais comerciais, aparcadoiros e garderías.
Compre non esquecer que o goberno bipartito (PSOE+BNG) tivo a súa responsabilidade nesta situación por canto inaugurou por tres veces o inicio das obras do novo hospital, non deixando nin a primeira pedra posta, facilitándolle a estratexia privatizadora ó PP.
Esta estratexia sanitaria do goberno galego non atinxe soamente a Vigo, senon que reproducirase o longo de Galicia. Convén lembrar que a privatización dos recursos sanitarios está contemplada na Lei 15/97 de Habilitación de nuevas formas en el sistema nacional de salud foi apoiada no parlamento español polo PP + PSOE.
Apoiamos a concentración que levará a cabo o persoal sanitario este martes, día 2, ás 11 h. na porta principal do Hospital Xeral de Vigo.
Chamamos a cidadanía viguesa a expresar a súa solidariedade con esta acción.