Segundo a EPA, Galicia segue no camiño da destrución de emprego de calidade

Respecto aos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que o INE fixo públicos hoxe venres, dende Esquerda Unida reiteramos que Galicia sigue na senda da destrución incesante do emprego indefinido.

Se ben e certo que a chegada da Semana Santa e das contratacións de cara ao verán provocaron unha importante redución do paro en Galicia, a nosa comunidade se caracteriza pola temporalidade, que continúa a ser a característica principal dos contratos (os contratos temporais creceron nun 6%), unha porcentaxe que demostra que o obxectivo da reforma laboral do PP segue no camiño da destrución do emprego de calidade e digno.

Con todo, a redución do paro non se corresponde, como adoita, coa creación de emprego. Galicia segue a perder poboación activa, cuxa taxa se sitúa no 53,3%. No noso país moitas persoas, especialmente mozas e mozos, deixan de estar paradas porque desisten de buscar emprego, non porque pasen a traballar, polo que optan por volver estudar ou emigrar, entre outras cousas.

Grazas ás políticas de emprego do PP, os traballadores e as traballadoras teñen que firmar contratos baseados na miseria, precariedade e a desigualdade, contratos que rematan cos dereitos fundamentais das persoas.

Dende Esquerda Unida estamos, dende fai uns anos, seriamente preocupadas polo retroceso en dereitos laborais que reflexan o fracaso das políticas de emprego do Partido Popular. É por iso polo que demandamos que é hora de traballar de para xerar investimento público e crear emprego de calidade, así como definir un plan de emprego estratéxico que permita incorporar á xente moza e parados de longa duración.

Relacionados