Actualmente tanto o Concello da Coruña como a Diputación Provincial están a utilizar Windows nos seus equipos informáticos e a pagar a multinacional Microsoft por as licencias do seu sistema operativo, asemade a adquisición de licencias para os paquetes ofimáticos supón un elevado custo que non ten razón de ser.
Esquerda Unida propón a implantación de software libre en todos os servizos do concello coruñés e na Deputación Provincial como medida de aforro e exemplo para a cidadanía. Cun investimento marcadamente inferior ao destinado actualmente no pago de licencias, poderíase xerar emprego local contratando informáticos da zona e impulsar un convenio coa Facultade de Informática da Universidade.
A devandita medida inclúese no Plan de Reorganización da Administración Coruñesa (PRAC) para optimizar recursos, reducir custos, gañar en eficacia, mellorar a produtividade e así desenvolver máis e mellores servizos á cidadanía.
O consello comarcal de EU Coruña propón a migración dos escritorios dos ordenadores da administración local coruñesa cara a software libre e asinar un acordo de colaboración coa Deputación Provincial e a UDC , así logo da migración no concello coruñés o mesmo equipo de traballo encargaríase de facelo na Deputación Provincial para pasar posteriormente a desenvolver a migración nos distinto concellos da provincia segundo un plan de actuación deseñado pola propia Deputación. Posteriormente, a experiencia acumulada pódese poñer ao servicio da empresas coruñesas a través do Servizo Integral Municipal de Apoio a Emprendedores (SIMAE) para que tamén poidan migrar cara o software libre para abaratar custes de xestión mellorar as súa xestión informática e, xa que logo, ser máis competitivas.
A responsábel comarcal de comunicación de EU e terceira cabeza de lista nas eleccións municipais, Luz Ponte, subliñou que “no ano 2010 a xunta de Galicia gastou 4,7 millóns de euros en licencias de Microsoft, mentres que na totalidade do Estado máis de 30 millóns de euros. En plena crise económica as administracións públicas deben dar exemplo de austeridade e ser autosostíbles. Con Software Libre dependeriamos de nos mesmos e non dunha multinacional que non permite modificar ou copiar o sistema operativo obrigándonos a ter nos ordenadores o que eles queren”.
Luz Ponte tamén afirmou “somos conscientes de que o concello deu algún paso no camiño cara o Software Libre pero aínda queda por dar o paso máis importante que é migrar todo o sistema como xa se fixo na cidade de Zaragoza ou na Concellería de Transportes de Valencia” de este modo Esquerda Unida demostra que non soamente é factíbel a nivel técnico senón que supón un aforro de custos e facilita a mellora e o desenvolvemento técnico dos sistemas informáticos feitos a medida das necesidades da administración pública.






