A deputada de En Marea, Eva Solla, vén de expor en comisión que o persoal do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) denuncia a privatización encuberta de servizos de psicoloxía a través de convenios con entidades como Cruz Vermella e Fundación La Caixa para a atención psicosocial de persoas con enfermidade avanzada.
“Precisamos máis prazas de psicólogas/os clínicos en Galicia e, o que fai o PP, é privatizar este servizo (disfrazado de convenio con entidades sociais como Cruz Vermella ou Fundación La Caixa ) para facer o traballo que deberían facer os profesionais públicos”, explica Solla.
É por todo isto polo que Eva Solla remata a súa exposición preguntando en Comisión “por que non contratan de maneira pública máis psicólogas ou psicólogos clínicos, o que suporía termos máis postos de traballo en mellores condicións, así como servizos públicos de calidade”.
Ver o vídeo: