ruben_perez_eu copiar.gif - 21.26 Kb

Valoración datos do paro

Rubén Pérez recorda que é preciso retomar un calendario activo de mobilizacións contra a reforma laboral e anunciou que ESQUERDA UNIDA colaborará activamente coa recollida de firmas que as forzas sindicais maioritarias están levando a cabo para conquerir unha INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR contra a devandita reforma.

 

Vivimos nunha cidade que mentres se producen despidos masivos e ERE´S nas empresas síguense aplicando horas extras e xornadas laborais alongadas. Mentres empresas como CITROËN obteñen miles de millóns de euros de beneficios siguen amenazando con medidas de “ultraflexibilidade”. ESQUERDA UNIDA lembra por exemplo que o sector da automoción tivo no 2010 un incremento dos beneficios do 7% de media mentras que os incrementos salariais foron ostentosamente máis baixos. Urxe unha política fiscal que fiscalice os beneficios empresariais e pare a sangría de despedimentos por merma de beneficios aínda que non se atope a empresa en pérdas.

Rubén Pérez suliñou que é radicalmente falso que os concellos non teñan capacidade de incidir na creación de emprego e recorda que en países como Suecia son os concellos os xeradores dunha alta porcentaxe dos empregos; para o que fai falla a creación de empresas públicas municipais que poden atinxir a multitude de ámbitos, empresas municipais de vías e obras en vez de regalar miles de millóns aos especuladores do ladrillo que empregaron ao seu antoxo a traballadores en precario durante o PLAN E; empresas municipais agroalimentarias que den saída as potencialidades do noso entorno rural; e por suposto remunicipalizar servicios públicos privatizados como o auga e o transporte.

Relacionados