compostela.gif - 5.83 Kb

Valoración final campaña

 

 

Ambos candidatos amosáronse satisfeitos co traballo realizado, pero expresaron as súas críticas ante a nula atención que a maioría dos medios de comunicación dedicaron aos moitos actos realizados: desde roldas de prensa até repartos na rúa pasando por mítins. Denunciaron que os medios e a clase política son os que xogan a crear o bipartidismo ramplón que quere dominar a esfera política. O bipartidismo causante das desgrazas para a clase traballadora.

 

O mellor de todo foi o contacto directo coas persoas que expresaron o seu descontento coas políticas actuais, centradas en realizar promesas que quedarán no tinteiro das promesas incumpridas até o 2015.

 

Tanto Daniel Pérez Amador como Xabier Ron insistiron en que tanto en Ames coma en Compostela é preciso rachar co anquilosamento e con prácticas políticas que distancian a cidadanía da clase política. Esquerda Unida preséntase como a única organización política que realmente cre na democracia participativa, que aposta por un modelo público de xestión, que ten propostas para acceder a unha vivenda e a un emprego dignos, que defende os servizos sociais coma un dereito esencial das persoas.

 

Os dous candidatos apelaron ás persoas que están descontentas para que canalicen ese descontento en indignación, pero que focalicen esa indignación nas siglas políticas que atacaron os seus dereitos sociais, laborais e económicos e que son os que nos desgobernan desde o goberno central, desde o da Xunta e desde os concellos de Ames e Compostela.

 

Daniel Pérez Amador e Xabier Ron pediron que esa indignación se transforme nun voto útil a Esquerda Unida, a única forza que realmente demostrou nos concellos de Ames e Compostela, desde as rúas, e no goberno central coas nosas iniciativas, que se enfronta aos donos do capital e non se resigna á perda de dereitos. Porque Esquerda Unida pon por riba dos intereses do mercado, ás persoas. 

Relacionados