Yolanda Díaz e Javier Galán encabezarán a delegación de Esquerda Unida que se comporá con outros membros da candidatura, caso de María Jesús Durán, número tres, Suso Basterrechea, número catro, así como de Manel Cereijo, que ocupa o quinto posto na candidatura municipal de EU.
Esquerda Unida quere ultimar a súa proposta programática encol dun barrio fundamental para a nosa cidade, cal é Recimil. Esquerda Unida vai traballar arreo, como fixo até agora, para conquerir a forza social suficiente que nos permita abordar xa o comezo da rehabilitación do barrio, cuestión que ten para nós unha acusada centralidade programática e política.
Xunto á rehabilitación, Esquerda Unida quere recoller e atender as outras demandas da veciñanza en cuestións de servizos e equipamentos, na confianza de que poderán ser incorporadas as nosas propostas e que imos traballar nos vindeiros tempos para conquerir a súa satisfacción.