Esquerda Unida denuncia que fai ano e medio que o goberno municipal se comprometeu a enviar toda a documentación sobre Vendex á xuiza Pilar de Lara, pero aínda non o fixo. Negreira acumula 550 días de atraso no envío da documentación de Vendex á xuiz Pilar de Lara se atendemos ao compromiso contraido o 3 de outubro de 2012, cando o goberno local informaba que «enviaremos esta misma semana una relación de todos los expedientes y contratos, con su importe y sus fechas de inicio y finalización, así como todas las facturas relacionadas con el Grupo Vendex para que la jueza pueda conocer todos los datos que obran en poder del Ayuntamiento», informaron desde el gobierno local.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes destaca que o goberno municipal rexeitou colaborar coa xustiza enviando de oficio e inmediatamente toda a información dos asuntos investigados precisamente o punto segundo da nosa moción de máxima colaboración coa xustiza, que considerábamos de extrema urxencia pero da que o goberno municipal fixo aberta gargallada, dicía:
Segundo.- O Concello da Coruña comprométese a enviar de oficio e de inmediato toda a información dos asuntos investigados pola xustiza, tanto a que obra en poder do Concello como a que obra en poder das empresas municipais.
O voceiro de EU-V, César Santiso, afirma “que non se envíen os documentos é unha sinal inequívoca dun goberno obstrucionista. En qué cabeza cabe que a xuíza teña que pedir unha e outra vez a documentación se o goberno non tivese nada que agachar? Cada envío atrasado, cada documento agochado, é outra mancha para un alcalde que nas súas exposicións públicas declara ignorar deliberadamente as probas contra os cargos imputados do seu goberno e “fiarse da palabra” que eles lle dan. Un alcalde que minte en sede plenaria dicindo que non escoitou as gravacións da súa man dereita que se atopa imputado. Isto a pesar de que quedou demostrado que os imputados mentiron reiteradamente en sede xudicial, á prensa e á cidadanía. Esta conduta converte a Negreira en responsable e colaborador necesario dos imputados”.
César Santiso salientou “hai que ter hipocrisía, o executivo Negreira obstrúe á xustiza e o alcalde, aínda por riba, pide máxima celeridade”.