Marcha de apoio ao pobo saharaui

Esquerda Unida fai un chamamento á participación na marcha deste sábado 15 de marzo en solidariedade co pobo saharaui. A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) convoca este sábado 15 de marzo unha marcha solidaria en defensa dos Dereitos Humanos e en especial da poboación que vive nos territorios ocupados por Marrocos.

Xabier Ron, deputado de AGE e membro da dirección de Esquerda Unida xunto con Sofía Díaz, responsable nacional de políticas sociais de Esquerda Unida participarán nesta marcha solidaria e reivindicativa que parte de Padrón (Campo do Souto) para chegar a Compostela onde terá lugar, en Platerías, a lectura dun manifesto de apoio.

Esquerda Unida apoia a resistencia do pobo saharaui refuxiado nos campos de Tinduf e que, de xeito inmediato, a Unión Europea esixa a Marrocos que os presos saharauis sexan considerados presos políticos. O estado español debe velar polo cumprimento e respecto dos Dereitos Humanos da poboación do Sáhara Occidental ata que o pobo saharaui non exerza o seu dereito de autodeterminación.

Por todo isto, Esquerda Unida fai un chamamento á participación na marcha do sábado 15 de marzo que sairá de Padrón ás 9h da mañá e queten prevista a chegada a Compostela ás 14h.

Relacionados