A Coruña. Separación Estado, Igrexia

 

Segundo o folleto distribuído, un dos actos centrais programados consistirá nun “concerto da Unidade de Música da Forza Loxística Operativa con obras musicais especialmente preparadas para ese día”, que está programado para as 13:15 horas do 18 de decembro de 2011 na Praza de España da Coruña.

 

Esquerda Unida – Os Verdes pula por unha clara separación entre o Estado e a Igrexa, respectando a liberdade de conciencia de cada quen, e por iso quere denunciar estes feitos.

 

Si finalmente a unidade militar participa na homenaxe ao cura Pardal, a candidata de EU-V ao Congreso dos Deputados por A Coruña, Mariluz Canal, solicitará que o Exercito tamen homenaxee a Marcelino Camacho e á Pasionaria o ano que ven.

 

Esquerda Unida solicitará a participación da unidade de música da Forza Loxística Operativa en todos os homenaxes a represaliados republicanos que organicemos a partires do 19 de decembro. En concreto pediremos que esta unidade de música lle dedique na mesma Praza de España un homenaxe a Marcelino Camacho no aniversario dos seu nacemento, que é próximo 21 de xaneiro. E que tamén interpreten obras musicais especialmente preparadas para a ocasión, como pode ser a Internacional”.

 

Mariluz Canal, declarou “xa e hora de que remate a identificación do Exercito coa Igrexa. As Forzas Armadas están para defender a cidadanía, non para homenaxear os personaxes máis reaccionarios“. Si as forzas armadas están para homenaxear a curas que defenderon valores contrarios a nosa Constitución, tamén estarán para honrar a aqueles republicanos que morreron loitando pola lei, a liberdade, e a democracia combatendo a os traidores que se rebelaron contra España en 1936. E se non é así, que expliquen por qué.”

Relacionados