A Coruña Apoio aos desempregados

 

Nesta liña de resolver os verdadeiros problemas da cidadanía, Esquerda Unida presenta un paquete de medidas para a protección aos desempregados, colectivo que na actualidade alcanza os 4.360.926 persoas. Dentro deste paquete de medidas destaca a suspensión de todos os procedementos de execución do embargo da vivenda habitual ou de corte de subministración de electricidade, gas, auga e teléfono para as persoas en situación de desemprego, así como o transporte público gratuíto para as persoas en situación de desemprego.


Asemade,
a coalición Esquerda Unida – Os Verdes propón un  plan de formación/emprego en colaboración cos concellos que combinaría traballo e formación para 300.000 persoas dos que 20.000 serían formadores.


A candidata ao Congreso dos deputados por A Coruña, Mariluz Canal, afirmou que “prohibiremos os ERE nas empresas con beneficios nas súas contas de resultados, ademais nos ERE xa aprobados recuperarase aos afectados para os futuros postos de traballo e coas súas antigas categorías laborais. No caso de non recontratación, alegando excesiva idade e outro tipo de excusas, a empresa deberá abonar as partidas das súas cotizacións desde a data do despedimento ata a data da xubilación.

 

Mariluz Canal rematou indicando “este tipo de medidas de apoio as persoas son as que diferencian a esquerda real dos partidos de dereitas e aqueles que se din de esquerdas pero que en realidade aplican políticas económicas de corte neoliberais”.

Relacionados