Apoio a mobilización do comercio

 

Non cabe dúbida que o descenso do consumo devido a crise sistemática ten moito que ver na crise que está a sufrir o pequeno  comercio na Coruña, con todo, dende Esquerda Unida consideramos que o factor determinante do constante peche de establecementos ten a súa orixe na errada política municipal que lonxe de fomentar aos pequenos negocios, está a promover a implantación de grandes superficies comerciais que entran en competencia directa e desleal co pequeno comercio coruñés, forzando o seu peche e por conseguinte debilitando a tradicional vida de barrio coruñesa, xa que logo, EU apoia as mobilizacións do pequeno comercio coruñés.

 

Asemade, en relación co incondicional apoio do Concello a implantación de grandes superficies nas aforas da nosa cidade, Esquerda Unida acusa ao Goberno municipal de aplicar políticas de crecemento miopes e cortoplacistas. O eminente cénit do petróleo obrigará a reducir o consumo de enerxía fósil e por conseguinte esixirá desenvolver políticas que favorezan a mobilidade sostible e puxen pola economía e comercio local mediante a recuperación da tradicional vida de barrio coruñesa que permitirá reducir a necesidade de desprazamentos.

 

Neste punto, EU no coincide cos comerciantes en relación as súas críticas ao carril bus e ao carril bici na medida de que o seu desenvolvemento, consensuado por todos os colectivos implicados, é necesario para reducir a dependencia no petróleo que ten a nosa cidade. Pois a nosa organización considera que é misión dos gobernantes favorecer este tipo de políticas para que cidadanía este preparada para soportar cun menor trauma a crise enerxética que temos en cernes.

 

Esquerda Unida avoga por outra filosofía de cidade, unha cidade máis amábel e sostible na que non sexan necesarios os constantes desprazamentos, principalmente en automóbil. Para elo, propón a recuperación da tradicional e entrañábel vida de barrio coruñesa mediante unha política municipal baseada no apoio e promoción do pequeno comercio para que cubra, en cada barrio a demanda de bens solicitados polos seus habitantes.

 

Por iso, o Consello Comarcal de EU Coruña propón a creación dun Plan Estratéxico Municipal de Potenciación e Desenvolvemento do Pequeno Comercio, Autónomos e PYMES, un Plan de Mobilidade Universal Sostenible e un Plan de Reactivación da vida nos barrios desenvolvidos mediante políticas participativas que permitan enfocar a situación dende distintas ópticas e faga partícipe a tódolos colectivos implicados.

Relacionados