O candidato do BNG comparte as críticas de EU en relación ao pequeno comercio

 

Xa que logo, Esquerda Unida saúda que Xosé Manuel Carril comparta as críticas de EU en canto á política económica desenvolvida polo goberno coruñés en relación co pequeno comercio.

 

Non cabe dúbida que o descenso do consumo devido a crise sistemática provocada polo esgotamento do modelo capitalista ten moito que ver na crise que está a sufrir o pequeno  comercio na Coruña, con todo, dende Esquerda Unida consideramos que o factor determinante do constante peche de establecementos ten a súa orixe na errada política municipal que lonxe de fomentar aos pequenos negocios, está a promover a implantación de grandes superficies comerciais que entran en competencia directa e desleal co pequeno comercio coruñés, forzando o seu peche e por conseguinte debilitando a tradicional vida de barrio coruñesa.

 

A ninguén se lle escapa que o BNG forma parte do Goberno local, por iso o Consello comarcal de EU considera que o BNG defraudou a cidadanía coruñesa de esquerdas, por moito que se pretenda escudar en anteriores gobernos para desculpar a súa inacción política e ineficaz xestión. 

Cesar Santiso, Coordinador Comarcal de EU Coruña, recoñece a valentía do candidato do BNG dándolle a razón a Esquerda Unida nas súas criticas á actuación do Goberno local, con todo non acepta as escusas baseadas na crise, na Xunta do PP ou mesmo nos anteriores gobernos municipais. César Santiso lémbralle a Carril que o BNG tivo case que catro anos de Goberno local para facer fronte as consecuencias da crise máis foi incapaz de articular medidas axeitadas.

 

Finalmente Santiso, reiterou a proposta da creación dun Plan Estratéxico Municipal de Potenciación e Desenvolvemento do Pequeno Comercio, Autónomos e PYMES que permita cambiar o modelo produtivo local cara a outro menos dependente do petróleo, menos insostible e menos contaminante.

Relacionados