Denuncia estada do saneamento

Dende Esquerda Unida, queremos denunciar unha vez máis o lamentable estado no que se atopa a rede de saneamento de Ponteareas e o efecto prexudicial que isto está supoñendo para o río Tea.

 Este vídeo do que achegamos o enlace (http://esquerdaunidaponteareas.blogspot.com/2010/01/vertidos-o-rio-tea.html), fíxose no parque de San Roque na vila de Ponteareas. Nel pódese apreciar cómo as augas residuais saen da arqueta e van parar directamente ó río Tea. Neste caso saen por unha rotura, pero outras veces saen directamente pola tapa. Esta situación repítese cada vez que chove un pouco forte neste punto e en moitos outros.

 Este é o resultado de que en Ponteareas, a rede de saneamento recolle tanto as augas residuais como as pluviais levándoas mesturadas nalgúns casos á depuradora de augas residuais, que non pode soportar tal caudal de auga, e en outros casos van parar directamente ó río. É unha mostra máis da indiferenza co que lle aconteza o río, tanto por parte do Concello como por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que están permitindo que o río sexa un sumidoiro. 

Neste contexto, apoiamos totalmente as reivindicacións da plataforma

Defendendo o Tea, que está loitando para remediar esta situación.

Relacionados