Apoio ao pobo palestino

Os continuos bombardeos sobre a poboación civil palestina que se producen nestes días cheiran a exercicio electoralista dos grandes partidos israelís que tentan gañar votos matando civís palestinos. Agresións militares que se volcan sobre a cidadanía palestina cuxas armas son a razón e a resistencia a unha ocupación militar que se remonta a 1967, coa guerra de agresión chamada dos Seis Días.

Esquerda Unida chama a nosa veciñanza a se mobilizar na protesta convocada por diversas entidades sociais da vila para este martes, 20 de novembro, ás 20:30 diante do Concello de Ponteareas. Suman xa somentes nestes días mais de 90 mortos palestinos, entre eles varios cativos, as accións terroristas do Estado de Israel, que Esquerda Unida está a denunciar en todos os foros europeos, incluído o Parlamento de Estrasburgo.

O eurodiputado Willy Meyer, ven de reclamar que se suspenda o acordo de asociación preferencial coa UE que ten Israel entanto non cesen estas criminais violacións dos dereitos humanos.

Relacionados