Duplicamos a débeda de Vigo

Esquerda Unida denuncia que Coruña é o concello máis endebedado de Galicia e multiplica por dous a débeda de Vigo. A Coruña sitúase como líder destacadísimo dos concellos mais endebedados da comunidade autónoma, seguida moi de lonxe por Santiago con 57, Ourense con 43, Vigo con 39 e Ferrol con 30. Negreira conseguiu estes tres anos pulverizar o récord de endebedamento do concello, acadando a escalofriante cifra de 78 millóns de euros ao rematar o exercicio 2013, cantidade que vén a representar un terzo do orzamento municipal, que no ano 2014 ascendeu a 244,3 millóns de euros. Así a Conta Xeral amosa unha débeda de 78.214.048,03 € a data 31 de decembro de 2013.

A estratexia do goberno municipal para acadar este fito foi reducir as amortizacións e pedir máis diñeiro emprestado así como aprobar o financiamento a crédito das obras para túneis nos que Negreira embarcou ao concello. O PP aprobou todas estas medidas en solitario e non buscou ningún consenso, tomando en solitario decisións que afectan gravemente ao futuro da cidade e que poden significar menos riqueza e menos capacidade económica para que o Concello poida loitar polos intereses públicos no futuro.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe a Negreira que si lle queda algo de responsabilidade e afecto por Coruña, deixe de hipotecar a cidade e de baleirar as arcas municipais. O alcalde debe abandonar o modelo dos municipios superendebedados. Mentres que catro de cada dez concellos non están endebedados, 3.089 municipios pecharon o ano sen deber un só euro, Coruña segue ampliando a súa débeda con entidades financeiras, ocupando o posto septuaséximo no ranking de concellos máis endebedados dos 8119 concellos do Estado, formando parte do 1% que máis debe, unha porcentaxe na que se sitúan outros concellos que tiveron que declararse en quebra como Sitges e outros que apostaron por construír grandes estruturas que hoxe apenas poden manter como Castellón. As decisións económicas e de obra pública de Negreira semellan ir na liña destas cidades, unha liña que dende EU censuramos porque leva ao desastre.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “tardaremos xeracións en pagar o formigón a crédito do alcalde, como tardarán en Castellón e Valencia e todas as poboacións que caeron na obscenidade das megaobras innecesarias”.

Relacionados