Fai uns meses o propio Presidente da Xunta convocou un comité de rutas con representantes das tres cidades galegas con aeroporto co obxectivo de acadar un acordo que coordinase as ofertas baixo a premisa “un aeroporto e tres terminais”.
Ao mesmo tempo que este comité desenvolvía o seu traballo, a Xunta anunciou que o importe das subvenciones para rutas do aeroporto de Lavacolla sería de 1.500.000 euros mentres que Alvedro recibiría 150.000 euros e o Goberno municipal do Partido Popular desculpaba a ofensa aos coruñeses e coruñesas, afirmando que estas eran cantidades provisionais á espera das conclusións finais do comité de rutas.
Esquerda Unida insta ao Goberno municipal a defender os intereses dos coruñeses diante do inxusto reparto da Xunta, pois semella que agora a proposta de coordinación entre os tres aeroportos atrasase, condicionándoa ao que diga a patronal de turismo da nosa comunidade (Exceltur).
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará no Pleno ao Goberno do PP si se conforma co actual reparto de subvencións entre os tres aeroportos galegos. Concretamente a pregunta que se formulará será:
“Conformase o Goberno municipal co actual reparto de subvencións entre os tres aeroportos galegos, que prexudica notablemente ao de Alvedro, ou pensa facer algo para cambiar unha situación de provisionalidade que non favorece aos sectores hostaleiro e turístico da nosa cidade, penalizando unha importante fonte de creación emprego?”
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “A Coruña é o motor económico e de progreso da Galiza, é inaceptábel que Santiago reciba subvencións dez veces superiores as nosas”. Neste sentido César Santiso solicitou maior valentía e decisión ao alcalde para defender a nosa cidade diante da cúpula do seu partido “residencia universitaria, fábrica de tabacos, Alvedro… xa está ben de agasallos a Xunta por intereses partidistas, unha submisión diante de Feijó que por riba vendésenos como éxitos de xestión institucional”.