Esquerda Unida critica as subvencións públicas ás empresas mentres estas seguen a despedir ás súas plantillas

Recentemente, a empresa expuxo un ERE que, aínda grazas á presión social, rematou por afectar a 100 postos en Ourense e se pechou coa promesa de que non habería máis despedimentos nos próximos dous anos. Fajardo conta que “con estas estratexias de negociación, a dirección e os executivos néganse a tocar o seus soldos, algo que avalan as políticas da dereita”. Non entanto, Fajardo teme que o futuro da firma galega se defina por levar adiante unha deslocalización cara a China, India ou Madrid.

Os traballadores/as, mercadorías

Outro dos grandes problemas actuais é que despedir sae barato. É por iso que Juan Fajardo denunciara no Parlamento, en reiteradas ocasións, que “o PP seguira a apoiar a empresarios que piden o despedimento libre e gratuíto, apoiando así un escravismo que case define o traballo de hoxe en día”.

Recentemente Juan Fajardo xa criticara “a decisión do Goberno galego de abonar 4,9 millóns de euros ás empresas de traballo temporal (ETT) para buscar empregos aos nosos/as traballadores, converténdose así en mercadorías”. Segundo explica, “o resultado de por en práctica este tipo de políticas oscurantistas de emprego, tan coñecidas polo goberno do PP, é deixar á disposición do mercado laboral as persoas para que as empresas podan explotalas e maltratalas laboralmente sen nengún control”.

Relacionados