Estado policial no Concello

Esquerda Unida denuncia o estado policial vivido no Pleno de hoxe que foi fomentado polo goberno municipal, así a cidadanía que acudiu ao pleno veu como se lles trataba como delincuentes esixíndolles o nome e incluso cuestionando a roupa con que accedían ao salón de actos por mor de levar camisetas que reivindicaban denuncias de distintos colectivos. Un Pleno por certo baleiro de contido, pois o PP non levou ningún punto a aprobación, polo que o debate reduciuse as distintas iniciativas da oposición.

A lo menos oito axentes da policía municipal atopábanse entre o público do salón de actos, o que non so representa un insulto para os coruñeses e coruñesas, senón un malgasto de recursos, unha ineficiencia e un acto de chulería e arrogancia por parte do goberno municipal.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o PP está a menosprezar e intimidar á veciñanza, coaccionando a súa entrada no Concello, que se supón é a casa do pobo. É o propio goberno municipal, con este tipo de actitudes, quen está a fomentar o afastamento da cidadanía da política e a súa desafección cos políticos. Si a participación cidadá xa vén sendo deficitaria dende hai décadas, agora a situación é gravísima. Que podemos esperar dun goberno que pon trabas aos seus propios cidadáns para poder observar en directo o desenvolvementos dos Plenos onde se debate a política municipal que se está a desenvolver e, xa que logo, inflúe sobre a calidade de vida dos coruñeses e coruñesas?

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “mentres aos concelleiros do PP se lles enchía a boca falando de participación cidadá aos coruñeses e coruñesas que acudiron ao Pleno se lles tomaba o nome como se fosen membros da Kale Borroka”.

César Santiso afirmou “hoxe é un día negro para a democracia, primeiro foi o goberno central ordenando unha actuación policial salvaxe e desproporcionada nas manifestacións do 25 S e posteriores, agora na Coruña o goberno municipal intimida á cidadanía para que non acuda aos Plenos, non so perdemos dereitos, senón que tamén liberdades. Chamo a cidadanía a organizarse porque hai que paralos, ou do contrario acabaran co que queda do noso Estado social, democrático e de dereito”.

 

Relacionados