Moción violencia policial

 

Esta concentración empeza de forma pacífica para denunciar a falta de profesores, a falta de material escolar, a falta dos medios básicos para estudar, folios, auga, luz, calefacción….


Por mor disto, produciuse unha violentísima e desproporcionada actuación policial, da que hai testemuñas persoais, fotográficas e videográficas, co resultado de diferentes alumnos feridos e contusionados, moitos coa roupa rota e detidos e outros esposados e retidos na comisaría de Zapadores.

 

Esquerda Unida considera desproporcionada, violenta e represiva a acción policial contra os estudantes en valencia.

 

Ademais, continuaron as mobilizacións e as concentracións. Onte Luns 20 de febreiro este enfrontamento foi máis contundente e máis represivo. A actuación policial foi violentísima e desproporcionada desde toda lóxica democrática.

 

Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción a debater no pleno do concello para solidarizarse co colectivo estudantíl e rexeitar a acción policial en Valencia, que na súa parte resolutiva propón os seguintes acordos:

Primeiro.- O Concello da Coruña manifesta o seu apoio ás mobilizacións estudantís e aos movementos sindicais que lexitimamente están a defender os seus dereitos.

Segundo.- O Pleno do Concello da Coruña defende a manifestación como expresión de liberdade nun estado democrático de dereito.

Terceiro.- O Pleno do Concello da Coruña manifesta o rexeitamento a todo tipo de violencia e, neste caso, a exercida pola acción policial que foi desmedida e con claro carácter represivo.

Cuarto.- O Pleno do Concello da Coruña reproba a actitude da Delegada de Goberno, Paula Sánchez de León e pide a súa dimisión inmediata como responsábel de todo o sucedido.”

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o Concello da Coruña será participe da degradación da calidade democrática do estado si por motivos partidistas somos incapaces de rexeitar unánimemente os feitos acontecidos en Valencia”.

Relacionados