Privatización da Sanidade

 

Esquerda Unida – Os Verdes rexeita as declaracións de Feijoo a favor da privatización da sanidade. As ditas manifestacións “Non existe xestión privada ou xestión pública, existe boa xestión ou mala xestión”, reflicten a incapacidade da Xunta de Galicia para xestionar o sistema sanitario público.

 

A executiva nacional de Esquerda Unida considera inaceptábel que o presidente da Xunta de Galicia defendendo a privatización dos servizos asistenciais da sanidade pública, queda clara a intención do PP de ir pouco  apouco privatizando os servizos sanitarios, como xa temos denunciado en innumerábeis ocasións.

 

A privatización da sanidade faise para beneficiar a empresas privadas, que transforma a prestación de saúde de servizo esencial nunha transacción comercial. Isto produce que as empresas privadas non presten asistencia para aquelas patoloxías que non son economicamente rendíbeis mentres que se ofertan, a veces en exclusividade, as que si o son.

 

A executiva nacional de eu defende a sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade como alicerce de cohesión social e garante de benestar para a cidadanía.

Relacionados