12 xuño folga xeral en Ferrol

A coordinadora nacional, Yolanda Díaz e os membros da executiva nacional de Esquerda Unida Rubén Pérez e Carlos Portomeñe, acudirán mañá ás 12h á mobilización convocada en Ferrol na praza do Inferniño. A executiva nacional de Esquerda Unida manifesta a necesidade de manter activa a loita social e sindical nunha comarca maltratada pola falta de traballo xunto coas falsas promesas e mentiras do Partido Popular acerca da inxección pública que ía a chegar para reactivar o tecido industrial.

Yolanda Díaz deputada e coordinadora nacional de Esquerda Unida afirma que “a vontade política deste goberno ultraliberal do PP é rematar co sector naval”.

Dende Esquerda Unida, mostramos o noso apoio e facemos un chamamento á cidadanía para que secunde a mobilización convocada polos sindicatos CIG, CC.OO, UGT e USTG na comarca de Ferrol.

Relacionados