Describíamos que eses pasos de peóns son fonte a cotío de moitas situacións de risco para os peóns que transitan por eles, debido a que moitos condutores, polos hábitos adquiridos, non se fixan nas sinalizacións horizontais no firme, que, ademais, precisan dun mantemento máis continuado para seren visibles e cumprir a súa función.
Ademais, e tendo en conta a próxima chegada do horario de inverno, a escuridade, unida a condicións climatolóxicas adversas (por exemplo, os frecuentes temporais de choiva), converte en perigosísimo o paso para os peóns que se espoñen a verdadeiras situacións de risco por mor da dificultosa visibilidade dos pasos de peóns para os condutores.
Cómpre considerar igualmente que moitos dos pasos de peóns, que non están sinalizados verticalmente, adoitan estar en tramos intermedios das rúas, co que a velocidade coa que circulan os vehículos resulta elevada, como, por exemplo, os pasos de peóns situados na avda. de Juan Carlos I, de Basquiños e de Galeras, entre outros.
Por todo isto a agrupación comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:
1) Ten previsto o Concello de Santiago levar a cabo as accións pertinentes para colocar sinalización vertical luminosa nos pasos de peóns referidos?
2) En caso afirmativo, cando se levará a cabo esta necesaria actuación?
3) Ao mesmo tempo, procederá o Concello a un exaustivo e continuado mantemento da sinalización horizontal?